Friday, June 10, 2005

 

Un poema en galego

MARÍA PITA

I
María das batallas, levareiche unha frol por cada bala; i unha cunca de leite arrebuxada en neve pra che curar a sede. ¡Sede mortal, varona, a desta patria:queima no peito con ardente brasa!II María das batallas, dareiche un reiseñor por cada bala, i unha estreliña nova no berce d’unha dorna, núa, espida, graciosa:Varona dos meus ollos, unha estrela que ti ganache, poderosa e leda.III Muller da soberana libertade, os artilleiros danche alferezía e faite o mar patrona da cidade. Din as miñas campanas, escoitade, de monte a monte e mais de ría a ría:O bronce meu, teu bronce foi María.
Comments: Post a Comment

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?